Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha ruta guiada para coñecer os tesouros naturais de Soutoxuste

RR_Noticias

  A concellaría de Medio Ambiente organiza este sábado, día 23, cunha ruta guiada desde a praia de Cesantes ata Soutoxuste. A zona alberga unha gran reserva de aves e bosques de sobreiras, pouco comúns nas rexións atlánticas. Expertos biólogos e naturalistas ofrecerán información de moito interese a todos os participantes. A actividade está aberta para todos os públicos.

O punto de partida será a praia da Punta, onde se sitúa a bandeira azul, ás 10.00 horas. Desde alí farán un percorrido por zonas de litoral e monte, para descubrir espazos de gran valor natural e paisaxístico. Un dos expertos da empresa Estela, Anxo Rajó, explica que se trata dunha zona protexida a nivel europeo pola Rede Natura, xa que é punto de parada de moitas aves. Un roteiro descoñecido para moitos veciños, e que agocha verdadeiros “tesouros” vexetais e animais. A cita é ás 10.00 da mañá, e o remate está previsto para as 14.00 horas. Desde a empresa Estela aseguran que se trata dun percorrido “apto para todos os públicos” xa que a marcha se fai a un ritmo tranquilo para que todos os asistentes poidan realizalo sen esforzo.  

Anxo Rajó organizador
A zona conta con especial protección ambiental da UE
Bosque de sobreiras
En Soutoxuste hai gran variedade desta especie máis propia do Mediterráneo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará