En palabras do portavoz municipal do BNG, Fernando Herrero, é un texto “vergoñento e trapalleiro” no que se mesturan ordenanzas municipais doutros concellos con lexislación escollida “ao chou” e que amosa a incapacidade do PP de Soutomaior para para xestionar o municipio.
O BNG de Soutomaior votou en contra da aprobación inicial dunha ordenanza que regula o servizo de saneamento no Concello, que o PP aprobou en solitario. Os nacionalistas denuncian que no documento remítese a anexos que non existen, ou parágrafos dos que se deriva que as depuradoras do Concello son responsabilidade municipal, cando hai anos que a xestión corresponde a Augas de Galicia.