Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa de dinamización das aulas Cemit ofrece cursos de informática para todos os públicos

RR_Noticias

Os veciños de Redondela contarán no último trimestre do ano cun amplo programa de cursos para achegarse ás novas tecnoloxías. Hai actividades dirixidas a persoas que queiran iniciarse no mundo de internet, outras dirixidas especificamente para desempregados e outras para asociacións e ONG,s. Tamén hai un amplo horario no que todas as persoas interesadas poden facer un uso libre das instalacións co apoio dun monitor.

A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Alonso, explica que o obxectivo do Concello é “sacar o máximo proveito” das aulas Cemit coas que conta a cidadanía, tanto en Redondela como en Chapela. Deste xeito todas as persoas que estean interesadas poden beneficiarse destas instalacións, que contan con 15 equipos informáticos cada unha delas. As actividades comezarán en setembro cos cursos de Alfabetización Informática e Actividades Dixitais Básicas, dirixido a aquelas persoas que queiran iniciarse no manexo dun ordenador. Outro bloque de cursos están orientados ás asociacións e colectivos do municipio, para favorecer a modernización tecnolóxica destas entidades. Así poderán realizar trámites online, iniciarse nas redes sociais, ou crear a súa propia web ou blog. Hai tamén cursos específicos para persoas desempregadas, que aprenderán a elaborar unha carta de presentación e un currículo, iniciaranse na procura activa de emprego a través de internet e a navegar nos portais e buscadores de emprego. As aulas ofrecen tamén a posibilidade de utilizalas “por libre”, co apoio dun monitor. Os veciños interesados poden facer uso dun dos equipos informáticos co apoio dun monitor todos os venres en horario de 09.00 a 13.00 horas a aula de Redondela e de 16.00 a 20.00 horas a de Chapela. Todas son actividades gratuítas e as persoas interesadas poderán descargar a solicitude da páxina web do Concello no apartado “Descarga de Modelos”, recollela no Centro de Formación Municipal A Marisma (ao lado da piscina) ou nos Servizos Sociais de Chapela (nos baixos do pavillón). Para máis información poden chamar ao teléfono 986402664.  

Ana Alonso concelleira de Desenvolvemento Local
O obxectivo é sacar o máximo rendemento ás instalacións das aulas Cemit para beneficio dos veciños.
Cursos de iniciación
Están dirixidos a persoas que queren achegarse por primeira vez ás novas tecnoloxías.
Cursos para desempregados
Os paricipantes aprenderán a facer un currículum e a buscar emprego na rede.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará