Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase aos actos de repulsa pola violencia de xénero

RR_Noticias

A través dun comunicado o Concello de Redondela mostra a súa repulsa polo caso de violencia de xénero acontecido na localidade pontevedresa de Barro, e condena “toda clase de actos violentos contra as mulleres”. Esta é a sexta morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia.

O Concello de Redondela aprobou unha moción, asinada por todos os partidos políticos que conforman a Corporación, co fin de facer reflexionar á sociedade e tratar de visualizar este problema social que afecta a toda a cidadanía. Froito desta moción colocouse un lazo violeta no balcón do Concello, na árbore Gingko Biloba e na páxina web do Concello. Ademais,celebrouse unha concentración diante do edificio do Concello ás 12.00 horas, e gardarase un minuto de silencio no próximo pleno. Ademais, o goberno municipal fai un chamamento ás mulleres que están sufrindo violencia e á sociedade para que se denuncien estas situacións e acudan á Policía, aos Xulgados ou ao Centro de Información ás Mulleres para activar os recursos existentes na loita contra esta lacra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará