Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Rondalla de Redondela despide o Meixón Music

RR_Noticias

A numerosa agrupación local será a encargada de pechar o ciclo de concertos organizados polos locais de hostalaría da rúa Meixón Frío. A cita será mañá xoves, ás 21.00 horas, e promete diversión e sorpresas nun ambiente familiar con estes clásicos da música redondelá.

Para os membros da Rondalla actuar no Meixón Musica supón ademais unha satisfacción especial, xa que foi nesta programación musical na que se deron a coñecer ao público hai algúns anos. Amadeo Cuntín, un dos compoñentes da formación, asegura que será un concerte especial, onde estarán arroupados “por amigos”. No repertorio, co que repasarán os temas clásicos da formación como “El arriero va” ou “Veneciana”, tamén incluirá temas novos que a Rondalla incorpora ao seu repertorio, como “El mar”. Por este ciclo de concertos do Meixón Music xa pasaron ao longo deste verán grupos como Tangata, Amurón, Rëisk ou Os Walter Mathaus.  

Amadeo Cuntín da Rondalla
O conerto no Meixón Music é unha cita cun significado especial para os membros da Rondalla de Redondela.
Repertorio
O concerto do xoves ofrecerá algunhas novas cancións da agrupación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará