As celebración arrancarán o venres cunha verbena nocturna amenizada pola orquestras Los Españoles e Yucatán. Na fina de semana haberá festivais folclóricos e charangas que percorrerán a parroquia animando aos veciños coa súa música e o domingo ampliarase a programación aos máis pequenos con atraccións gratuítas e festa da escuma no torreiro da Gándara.
A Comisión de Festas da Teixeira celebra os días 5, 6 e 7 as festas da Nosa Sra. das Dores que arrancan este venres coa verbena a cargo de Los Españoles e Yucatán.
As actividades do sábado comezarán a primeira hora da tarde con ambientación musical a cargo da charanga A cabeza non para. A partir das 18:30 horas celebrarase no propio lugar da Teixeira un festival enmarcado no Convenio Interparroquial no que actuarán as pandereteiras Anaquiños, a Banda de Música de Chapela e as Cantareiras Airiños da Peneda. Pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Costa Blanca e Da Torre.
A programación rematará o domingo, unha xornada que a partir das dez contará coa animación da Banda de música Agrupación de Vincios e a charanga A Cabeza non para. As doce do mediodía realizarase a tradicional procesión na que actuarán as pandereteiras Terra Meiga.
Xa pola tarde contarase cunha festa da escuma e atraccións gratuítas para os máis cativos no torreiro da Gándara. Pola noite contarase coa actuación dos grupos Niebla e Camelo.