Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco mídese ao Silva pendente da decisión de Competición pola aliñación indebida do Xuventú

RR_Noticias

Este domingo os de Jacobo Montes desprázanse a terras coruñesas para disputar a terceira xornada de liga diante do Silva. Trátase dun equipo recén ascendido e que será rival directo do Choco na loita pola permanencia en Terceira División.

Para o técnico é un encontro ao que teñen que acudir “coa máxima concentración” e co obxectivo de sumar os tres puntos. Amosa “moito respecto polo rival”, xa que malia a ser un recén chegado á categoría, o Silva xa demostrou a súa calidade na xornada inaugural ao gañar por 2-0 ao Barbadás no campo da Grela. Sumar diante dun dos seus rivais directos pola permanencia é vital para o Choco, que polo de agora só suma un punto do empate en Santa Mariña co Vilalbés. Con todo, a situación dos redondeláns podería mellorar en función da decisión que adopte a xuíza de Competición sobre a reclamación polo partido disputado co Xuventú Sanxenxo. O Choco impugnou o resultado (1-0) por aliñación indebida do xogador Diego Peña. O argumento crave para promover a impugnación é que o defensor acumula unha sanción da pasada tempada por acumulación de 5 cartóns amarelos cando militaba no seu anterior club, o Grixoa. Jacobo Montes advirte que o regulamento “está para cumprilo” e que como responsable deportivo do Choco sempre ten “moi presente” a situación de cada xogador para evitar situacións deste tipo. O club redondelán espera unha decisión da xuíza de Competición a vindeira semana.  

Jacobo Montes adestrador
Os redondeláns desprázanse a terras coruñesas con moio respecto polo rival.
Reclamación a Competición
O Choco está pendente da decisión da xuíza de Competición logo da reclamación no partido co Xuventú.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará