Os de Jacobo Montes sufriron unha clara derrota en terras coruñesas, cun marcador de 2-0. Logo de sumar tan só un punto en tres xornadas, ocupa unha das prazas de descenso que levan a Preferente.
Semella que os redondeláns van sufrir moito máis esta temporada para acadar a permanencia que na pasada liga, cando eran uns recén ascendidos. Os pupilos de Jacobo Montes perderon onte por 2-0 na súa visita ao Silva, que está chamado a ser un dos seus rivais directos na loita por evitar o descenso. O encontro comezou mal para o equipo de Redondela. O Silva tivo a súa primeira ocasión ó cuarto de hora por medio de Movilla que sacou Cortegoso e, á media hora, Cristian deixou o seu posto a Valiente por lesión. Aínda estaban reorganizándose os de Redondela cando un mal despexe de Molinos levou un tiro de Uzal ao fondo da portería. Os de Montes non baixaron os brazos e antes do descanso buscaron alternativas. Xosé Ramón entrou por Fernando, seguiron tentando o gol do empate na segunda parte, pero non houbo opcións, e o Silva sentenciou o partido no minuto 84 cun tanto de Gabi.
Silva: Manu; Cardelle, Miguel, Rebollo, Chiki; Kata (César, min.78), Edu Rodríguez (Migueliño, min.69); Gabi (Carlos Varela, min.87), Uzal, Marcos Gómez.
Choco: Cortegoso; Iago, Saúl, Lucas, Cristian (Valiente, min.31); Molinos, Fernando (Xosé Ramón, min.40); Gonza, Comis (Silva, min.66), Hugo; Aitor Gómez.
Goles: 1-0, min.33: Molinos, en propia porta; 2-0, min.84: Gabi.
Árbitro: Martínez Vila (Ourense). Amonestou a Cardelle e Edu Rodríguez, do Silva, e a Saúl, do Choco.
Incidencias: Terceira xornada. Meicende Grande. 100 espectadores.