Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Casa da Torre bate marcas ao recibir máis de 6.000 peregrinos no que vai de ano

RR_Noticias

No acumulado do ano até agosto pasaron polo albergue de Redondela un total de 6.161 peregrinos, 146 máis que no mesmo período do ano pasado. Isto supón un incremento do 8,7%. É un feito que o Camiño Portugués cobra cada ano máis adeptos, ao estar menos saturado que o Camiño Francés.

Nos meses de xuño, xullo e agosto o albergue acolleu un total de 3.645 peregrinos, sendo o mes de agosto o que rexistrou unha cifra máis elevada, con 1.305 viaxeiros. En xuño foron 1090 e en xullo 1250. A estas cifras hai que aos milleiros de peregrinos que pasaron a noite no Pavillón Municipal ou en establecementos privados, xa que as 42 prazas das que dispón o albergue non son suficientes para acoller toda a demanda. Os peregrinos que chegan a Redondela son maioritariamente españois, pero hai máis dun 40% de estranxeiros, que chegan desde os cinco continentes. E todos coinciden en salientar a experiencia como algo “moi positivo”. É o caso de Sergi, un mozo catalán que fai o camiño por primeira vez. Comezou a súa peregrinación en Oporto, partiu só, aínda que “sempre ten compañeiros de viaxe”. Para este barcelonés o percorrido ten “demasiados tramos de asfalto e empedrado”, pero a temperatura está a ser boa neste mes de setembro polo que a andaina resulta “agradable”. Tamén ten palabras moi positivas para o albergue redondelán, que é cualificado moi positivamente polos peregrinos. A comodidade das instalacións, a beleza arquitectónica e o feito de estar situado no centro dunha vila na que contan con todos os servizos, fan deste lugar un dos albergues preferido polos camiñantes. Outros máis veteranos como Juan Francisco, un andaluz que percorreu en varios ocasións o Camiño Portugués, Francés e Primitivo, esta opción desde Oporto é a mellor “sobre todo nos meses de verán”. Explica que neste roteiro é “máis tranquilo” e evita “as aglomeracións do Camiño Fráncés”. Esa saturación do camiño Francés é tamén o motivo que leva a Declan, un mozo irlandés, a facer o Camiño Portugués. Sabe ben do que fala, xa que é a cuarta ocasión na que fai a peregrinaxe desde Oporto. Ao feito de que o camiño estea máis “despexado” Declan suma tamén a “beleza” das Rías Baixas, e outros atractivos como “a boa gastronomía e o albariño”. A Mesa do Camiño Portugués pon en valor esta ruta Redondela, xunto cos outros once Concellos da provincia polos que pasa o Camiño Portugués, forma parte dunha Mesa constituída pola Deputación de Pontevedra. O organismo provincial investirá este ano un millón de euros para mellorar e potenciar o Camiño de Santiago Portugués, xa que se trata dun recurso turístico “de primeira magnitude”. O obxectivo é promover e poñer en valor esta ruta co obxectivo de convertela nun “referente de accesibilidade, sinalización e bo trato aos peregrinos”. Un total de 100 operarios traballan na limpeza e acondicionamento do camiño. Por outra banda unha consultora traballa na eliminación de puntos negros no cruce do camiño coas estradas nacionais, autonómica e provincias, así como en tarefas de sinalización e consolidación do camiño.  

Sergi peregrino catalán
Este mozo barcelonés fai o Camiño de Santiago por primeira vez e describe a experiencia como algo moi positivo.
Un albergue atractivo
A Casa da Torre é moi ben valorada polos peregrinos pola súa comodidade e estética.
Declan peregrino irlandés
Esta é xa a cuarta ocasión na que fai o Camiño Portugués do que salienta a beleza das Rías Baixas e a gastronomía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará