Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha andaina labrega para achegármonos a senda arqueolóxica de Amoedo

RR_Noticias

A Comunidade de Montes organiza este domingo unha saída para dar a coñecer os atractivos arqueolóxicos, paisaxísticos e naturais desta senda recentemente acondicionada. Os participantes, que partirán ás 9:30 horas dende a Cada da Cultura de Amoedo, realizarán os 13 quilómetros do percorrido achegándose aos petroglifos, mámoas e outros elementos de interese etnográfico que existen ao longo do camiño.

Máis de duascentas persoas participaron hai unha semana dunha xeira nocturna que percorreu parte desta senda. Un éxito que leva aos comuneiros a organizar agora esta camiñata diúrna con saída ás 9:30 horas dende a Cultural de Amoedo con regreso estimado unhas tres horas despois.
Unha “Andaina labrega” que toma o seu nome do antigo paso dos veciños apoiados en caxatos segundo explican os organizadores. Ao longo do percorrido os participantes poderán achegarse a algún dos máis de 80 petroglifos e 23 mámoas existentes no lugar, así como a un arte rupestre que conta entre os seus elementos con algunhas curiosidades como un debuxo de caza.
Tamén hai outros elementos de interese etnográfico como Foxo do Lobo do Río Alvedosa, muíños, lavadeiros ou restos de poboados “que reflicten a organización do complexo rural agrogandeiro dende o neolítico”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará