Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnos do Santa Mariña e o colexio Quintela achéganse ao mercado

RR_Noticias

A campaña Cómprazeme, de promoción dos mercados, centra hoxe a súa atención nos máis novos, con actividades orientadas aos rapaces e rapazas dos colexios Santa Mariña e Quintela, que nesta xornada se achegarán á praza de abastos de Redondela para coñecer o traballo que alí se desenvolve ademais de achegarse ao choco a través da proxección  do documental O choco baixo as ondas da Enseada de San Simón.

Presentarase ademais unha exposición que baixo o mesmo título que o audiovisual inclúe 15 paneis centrados na biodiversidade da Ría de Vigo e nos que o choco ten un papel relevante.
A esta actividade acudirán Esperanza Martínez Bouzas, Xefa de Servizo de Desenvolvemento de Zonas de Pesca, Elena Herbello Puentes, Xerente do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo – A Guarda e representante do concello e arrancará ás 10:00 horas. O alumnado realizará un percorrido guiado polos postos de venda do Mercado no que se verán os diferentes produtos e durante o cal terá a oportunidade de interaccionar cos praceiros e a súa clientela.
Ao rematar a visita haberá un pequeno aperitivo e agasallarase aos participantes cun imán promocional e unha pegatina.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará