O grupo municipal socialista demanda ó concello que repare a fonte do Picoto situada no barrio de Cidadelle en Chapela, que estaba operativa dende 1926 e que, despois dunhas obras realizadas pola empresa Gas Natural na primavera, secou de repente.
Algúns dos veciños da zona explicaron aos socialistas que a fonte botaba auga de xeito habitual ata a primavera, pero que tras unha obras de Gas Natural no lugar o manancial secou de repente. Indicaron tamén que “viñeron dous días despois a reparar a fonte, pero non fixeron nada” e que dende aquela non volveu ninguén por alí a tentar arranxar a fonte da que na actualidade tan só caen unhas pingueiras.
Por este motivo, Eduardo Reguera indica que “o concello debe actual nesta fonte para que recupere ó auga. Débese comprobar o que se realizou mal no lugar, tratar de reparar e despois, reclamar a empresa que fixo obra se é a responsable da seca do manancial”. O concelleiro engadiu que “esta fonte era moi coñecida no lugar por baixar o seu caudal nos verán secos e despois recuperalo no inverno. Non obstante, dende a primavera está practicamente sen auga nun ano de moita chuvia como actual. Polo tanto, está claro que se produciu unha neglixencia e que debe ser reparada”.
O grupo municipal socialista tamén comprobou como o entorno está notablemente degradado polo que reclaman unha actuación integral no lugar.