Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER solicita información sobre o arranxo das deficiencias detectadas no alumeado público

RR_Noticias

O falecemento dunha nena electrocutada en Compostela ao tocar un farol do alumeado municipal xera moitas preguntas sobre a estado no se atopa o servizo eléctrico municipal e si sobre este servizo é seguro para os veciños. Meses atrás o goberno local confirmaba que moitos farois e cadros eléctricos en Redondela presentaban deficiencias de diferentes índole. Dende AER solicitan a comparecencia do edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez para que explique no pleno do xoves as medidas adoptadas de cara a garantir un servizo seguro e eficiente.

Explica a Agrupación de Electores que en varias comisións de Seguridade e Hixiene tratouse a deficiente e insegura situación dos cadros eléctricos do alumeado público e que nun informe elaborado hai mías dun ano xa se recollía a existencia de diferentes deficiencias, algunhas delas graves, no servizo municipal.
En dito informe recollíase por exemplo que 12 dos 31 alumeados alimentados mediante cable subterráneo, é dicir, os que presentan un maior perigo por contacto para as persoas, carecían dun interruptor diferencial que protexera contra os contactos indirectos.
Tamén se recalcaba que 125 alumeados públicos que hai por todo o concello, aproximadamente un 80% carecían de fechadura, un 20% presentaban en mal estado o armario que alberga os contadores e o cadro eléctrico e o 50% das proteccións instaladas non se correspondían coa potencia consumida.
Ante as tráxicas consecuencias que pode supoñer tocar un farol en mal estado e ante o grave perigo que supón para a saúde pública, a Agrupación de Electores de Redondela solicita a comparecencia do Concelleiro de Medio Ambiente para que informe das actuacións realizadas polo goberno local e dos estado actual do alumeado público do noso concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará