Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As comunidades de montes apoian a proposta de prohibir a caza e o motocross en Monte Penide

RR_Noticias

A proposta da Asociación Cultural Alén Nós foi debatida nunha xuntanza cos representantes das Comunidades de montes afectadas (Cabeiro, Cedeira, Negros e Trasmañó) chegándose ao acordo unánime de prohibir a caza para evitar posibles riscos para os que se achegan ao lugar a visitar os xacementos arqueolóxicos. Tamén rotunda foi a oposición a que alí se practique o motocross, unha actividade que causa importantes prexuizos nos montes. O Concello deberá agora proceder a sinalizar a prohibición e en breve unha patrulla da policía local comezará a patrullar pola zona.

A solicitude, que foi xa reiterada en varias ocasións por parte do colectivo Alén Nós, conta agora tamén co visto bo das Comunidades de montes afectadas que se suman así á petición de que se prohiba a caza nas inmediacións dos xacementos de Monte Penide. O obxectivo é evitar os riscos para aqueles visitantes que se achegan ao lugar en época de caza tal e como xa se recolle na Lei de Montes. Andrés Laxe lembra que segundo dita lei “non se pode disparar a menos de 50 metros das pistas de paseo” e que esta medida iría orientada a facer cumprir esa normativa. A limitación afectará á actividade da caza pero tamén aos que usan o monte como pistas de motocross e que provocan danos importantes incluso nos propios xacementos arqueolóxicos. Gonzalo Balo confía en que en breve o Concello, tal e como comprometeu o responsable de interior, Arturo González, sinalice a zona lembrando ambas as dúas prohibicións así como que unha patrulla da Policía Local se achegue periodicamente ao lugar no que se atopan os xacementos como medida disuasoria.  

Gonzalo Balo Alén Nós
Limitar a caza en Monte Mirallo é unha das propostas de Alén Nós
Andrés Laxe Alén Nós
Unha medida xa recollida na Lei de Caza
Motocross
Unha actividade moi prexudicial nunha zona de xacementos
Sinalización e vixilancia
Patrulla policiais disuasorias e sinalización da prohibición son as dúas actuacións demandadas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará