Os goles de Molinos, Silva e Gonzalo deron a vitoria aos redondeláns, que retoman así o bo camiño da pasada temporada. Na Segunda Autonómica o filial do Choco perdeu co Santa Mariña e o Arcadeimpúxose ao Bamio
Terceira División
Boiro 1-3 Choco
O Boiro, que acumulaba ata o de agora catro empates, sufriu a súa primeira derrota da temporada diante do Choco. Os de Redondela melloran xornada tras xornada, e logo de impoñerse a pasada xornada na casa ao Cultural Areas, onte gañaron a domicilio a un Bueu que segue sen acerto nos metros finais. O primeiro tanto foi de Muíños tras aproveitar un balón solto tras un saque de esquina. Os locais moveron o banco ao comezo da segunda parte pero, lonxe mellorar, encaixaron dous goles máis á contra. O primeiro nun balón sobre as costas da zaga que aproveitou Silva para bater a Lorenzo no man a man. O segundo por medio de Gonzalo que recolleu o rexeite do meta local a un tiro de Fernando. Paco, nos minutos finais, recortou distancia para os locais co que sería o 1-3 definitivo. O resultado deixa ao Choco na metade da táboa, unha posición cómoda para os redondeláns que o próximo domingo reciben en Santa Mariña ao Laracha, que os adianta na clasificación cun punto máis.
Segunda Autonómica
Choco B 0-2 Sta. Mariña
O filial do Choco non puido cos de Cabral, e baixa ata a metade da táboa. A próxima xornada visitan o campo do C.Apóstol, situados dúas posicións por baixo dos redondeláns.
Arcade 3-1 Bamio
O Arcade acada a súa primeira vitoria da temporada diante do Bamio, e consegue situarse na metade da táboa. O domingo xogarán no campo do Moraña, co que están empatados a puntos.
Terceira Autonómica
Cesantes 0-1 Cerponzóns
O Cesantes perdeu pola mínima o segundo partido de liga, e sitúase na metade baixa da clasificación. O domingo xogarán no campo do San Andrés, co que están empatados a puntos.
Beretes Chapela 2-2 R.Casablanca
Comezou a liga no Grupo 16, onde militan o Chapela e o Beretes Chapela. Os Beretes empataron co Casablanca, e o Chapela descansou na xornada inaugural. Os próximos partidos serán Chapela-Balaídos e Miño-Beretes Chapela.
No Grupo 17, onde está encadrado o Vilar, comezou tamén a competición pero o conxunto redondelán comezou con descanso. O domingo estréanse nesta liga recibindo ao Castelo, líder provisional.