Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso amplía a súa oferta formativa con cursos de acordeón e cerámica

RR_Noticias

As clases de acordeón desenvolveranse na antiga escola de Tuimil e estarán impartidas polo acordeonista do grupo de música tradicional “Tanto nos ten”, Álvaro Cardalda os xoves pola tarde. O taller de cerámica artesanal estará dirixido por Maga Valenti Pérez e arrancará en outubro, con clases para nenos e adultos os mércores a partir das sete da tarde.

Este curso ten como fin achegar o mundo da cerámica e o proceso creativo a todo aquel que teña curiosidade e interese a través da consecución dunha serie de pezas coas que incorporar técnicas de traballo en arxila, incorporando e depurando habilidades manuais, emocionais e cognitivas. As clases impartiranse os mércores ás sete da tarde, unha hora para os nenos e dúas horas os adultos. As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 699 516 202.
Os interesados en achegarse ás clases de acordeón poden solicitar información no número 6250596411 ou a través do corrreo alvarocardalda@gmail.com.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará