Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os equipos locais de balonmán estrean a temporada de Primeira Nacional con sendas vitorias

RR_Noticias

A SAR Plastic Omnium impúxose por goleada ao Ártabro da Coruña (32-21) mentres que o Castro Chapela adiantou ao Acanor Novás por unha axustada marxe (19-20). O primeiro derbi entre os dous conxuntos locais será na recta final da primeira volta, no Pavillón Municipal de Redondela.

Primeira Nacional
SAR Plastic Omnium 32-21 Ártabro Novo Mesoiro
Os redondeláns foron moi superiores ao conxunto coruñés, que saíu goleado do pavillón municipal. O adestrador local, Carlos Rey, acertou na formulación do encontro e acadou unha importante vitoria contra un rival directo, como é o conxunto do Ártabro da Coruña. Na próxima xornada os redondeláns xogarán no barrio vigués de Coia, na pista do Magope Seis do Nadal, que tamén comezou esta liga cunha vitoria sobre o Granitos Ibéricos.
Acanor At. Novás 19-20 Castro Chapela
O encontro entre Novás e Chapela non defraudou. Son dous dos equipos chamados a liderar a clasificación e o partido no Rosal foi boa proba diso. As defensas foron a clave dun partido no que Construcións Castro Chapela dominou boa parte dos minutos. O próximo sábado estréanse no Pavillón Municipal de Chapela, onde reciben ao Servi-Auto Bueu, que perdeu o seu primeiro encontro co Cisne.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará