Esta actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará ubicada na praza da Constitución, entre as 16,00 e as 18,00 horas. Técnicos especializados informarán aos mozos sobre os recursos e programas dirixidos a eles dende a administración en temáticas tales como o emprego, a formación, a saúde, vivenda.
A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata Redondela para informar aos mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.
A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará ubicada na praza da Constitución, entre as 16,00 e as 18,00 horas.
Ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.
A campaña está a desenvolverse por toda Galicia dende o pasado mes de xuño. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.