Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un vertido mata centos de anguías en Arcade

RR_Noticias

A asociación de naseiros responsabiliza do vertido ao mal funcionamento da depuradora. O suceso teríase producido na xornada de venres ou sábado cando as intensas precipitacións obrigaron a abrir os aliviadeiros da instalación o que provocou un vertido de augas fecais.

As anguías, que logo da súa captura permanecen almacenadas nas piscinas da confraría ata a súa comercialización, abastécense directamente da auga da zona portuaria , polo que ao producirse o vertido entrou nas piscinas causando a morte de aproximadamente un centro de anguías.
O presidente dos naseiros. Ricardo Seoane denuncia este feito e reclama unha solución a un problema que veñen padecendo dende hai anos e que segundo explica pasaría pola separación das augas pluviais e fecais que evitaría a saturación da depuradora nos días de fortes chuvias.
Non foi esta ademais a única perda dos naseiro xa que tamén durante a pasada fin de semana roubaron outros 60 kilos de anguías.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará