Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carlos Rey: “Quero devolver á SAR a grandeza que nunca debeu perder”

RR_Noticias

O técnico regresa á que el denomina “a súa casa” para adestrar ao equipo sénior masculino, ademais de encargarse das categorías inferiores do club. Non se marca metas na Primeira Estatal, aínda que si se compromete a traballar “para devolver a ilusión ao balonmán redondelán”, e recuperar a relevancia que a SAR tivo como club décadas atrás no balonmán galego e nacional.

A pasada fin de semana a SAR Plastic Omnium comezaba a liga na Primeira Nacional cunha contundente vitoria sobre o Ártabro. O adestrador quere ser prudente e ir “partido a partido” para ver a onde poden chegar. O seu compromiso coa SAR non é só profesional, senón tamén “persoal e emocional”, o regreso ao que el denomina “ao seu fogar”. O técnico coñece ben a moitos dos xogadores que hoxe integran o vestiario, xa algúns eran sénior na súa anterior etapa redondelá. Outros como Dani, aínda xuvenís, xa apuntaban maneiras, e logo do seu paso polo Teucro volven compartir proxecto. Carlos Rey asume tamén a dirección deportiva do club, e neste eido ten claro que a medio e longo prazo o futuro do equipopasa por volver a estar entre os mellores do balonmán a nivel nacional. O seu traballo centrarase en recuperar a importante canteira coa que contaba a SAR décadas atrás e facer do club “algo grande”. O próximo encontro da SAR será o sábado no barrio vigués de Coia diante do Magope Seis do Nadal.    

Carlos Rey adestrador
Para o técnico esta nova etapa na SAR supón volver á casa.
Traballo coa base
Como director deportivo o obxectivo de Rey é potenciar a canteira con xogadores de calidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará