A cooperativa Trespés proxecta hoxe ás 20:30 horas este audivisual centrado nun grupo de mulleres da aldea de Zobra na serra do Candán e a súa relación coa música no transcurso das súas vidas. Ao rematar haberá unha charla e contarase coa presenza de Olga Nogueira de ACENTRAL Folque.
O traballo, realizado no ano 2003 baixo a dirección de Diana Toucedo, pretende mostrar o papel das mulleres na transmisión da música tradicional e os contextos onde esta música estaba presente. O documental constrúe unha narrativa colectiva sobre a música na vida destas mulleres do rural galego. Esta produción foi unha encomenda da Comunidade de Zobra a Trespés e leva pro título “Por que non cantades todas”. Ao rematar a proxección celebrarse unha charla coloquio centrada na música tradicional e o papel das mulleres e contarase coa presenza de Olga Nogueira, de ACENTRAL Folque. O audiovisual é un dos ámbitos de traballo desta cooperativa redondelá que está a traballar tamén noutro ambicioso proxecto audiovisual que leva por título “En todas as mans” e que esperan poder presentar ao público no inicio do vindeiro ano.