A asemblea local de Esquerda Unida asegura que a poda das árbores que os traballadores municipais están a realizar en diferentes puntos da parroquia está a afectar a árbores de folla caduca aos que aínda non lle caeron as follas o que supón “alterar o seu ciclo biolóxico favorecendo así que collan enfermidades”.
As podas, segundo explican dende EU, están a realizarse na zona do pavillón, da igrexa e tamén no parque infantil do Torreiro. Unha actuación que critican por entender que se trata de “podas indiscriminadas” que non se están a realizar no momento axeitado. Neste sentido apuntan que é unha irresponsabilidade podar as árbores de folla caduca cando aínda non lle caeron todas as follas xa que isto altera o seu ciclo biolóxico e favorece que collan enfermidades.
Entenden especialmente ilóxico a poda da árbores situada no parque infantil do Torreiro, xa que se elimina así a sombra que esta árbore daba aos seus usuarios.