Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Turismo xeolóxico en Redondela

RR_Noticias

O noso concello está cheo de lugares atractivos dende o punto de vista xeolóxico e para achegar ese interese a veciños e visitantes a Concellería de Cultura, en colaboración coa empresa Olho de sapo, desenvolverá unha serie de rutas xeolóxicas que permitirán aos participantes achegarse á xeoloxía dende unha perspectiva educativa e lúdica. A primeiras das actividades será o domingo día 5, unha ruta urbana que partirá dende a nova estación dos Eidos ás 11:00 horas. Os interesados deben inscribirse previamente no teléfono 986 400013.

O coordinador da actividade, Xavier Barros, explica que “Galicia é un museo a ceo aberto, no que podemos atopar as rochas máis vellas de toda a península”, un atractivo pouco explotado no noso territorio no que, ao contrario do que acontece en Portugal, se lle presta escasa atención á xeoloxía, malia ser fundamental para entender a nosa paisaxe. Así, nestas rutas que arrancan o vindeiro domingo día 5 ensinarannos a ver con outros ollo o noso patrimonio natural, a mudar a perspectiva e a fuxir das apariencias, fomentando o máximo respecto polo medio natural. Non se trata só de ver as pedras, senón tamén da forma que vai adquirindo a paisaxe. Nesa primeira ruta que leva por nome “Redondela en rochas” se nos mostrará a realidade oculta baixo o granito aparente, composta por xistos que poden contemplarse en determinados puntos. Unha ruta urbana que se repetirá o 9 de novembro e na que se pretende que os participantes xoguen un papel moi activo. A segunda das rutas é unha “Xincana riondela” orientada a familias con nenos maiores de 8 anos e desenvolverase o domingo 26 de outubro ás11:00 horas. O punto de partida nesa ocasión será a Casa do Concello e, a través de xogos especificamente deseñados aprenderase a interpretar o relevo, a identificar elementos naturais e artificiais, a pescudar rochas e materiais agochados e a comprender os efectos dos leitos fluviais na vida cotiá. A última proposta chegará o domingo 23 de novembro cunha ruta periurbana “Paseo intermareal” con saída dende a Praia da Punta de Cesantes para explorar a zona costeira de Redondela.  

Xavier Barros Olho de sapo
Salienta o interese xeolóxico do territorio galego
Redondela en rochas
A primeira das saídas será o domingo 5
Percorridos interactivos
Os participantes non se limitarán a escoitar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará