O Centro Cultural Chan das Pipas celebra este sábado a partir das catro da tarde unha nova edición de Feira da horta e das cousas da casa. Poderase comprar, vender ou trocar todo o relacionado cos productos das horta e artigos de segunda man. As persoas interesadas en participar e colocar un posto completamente de balde, teñen que chamar os teléfonos 670252551 ou 667646327 en horario de tarde.
Unha feira que se completará cunha exposición de productos da horta con mencións para os vexetais ou froitas máis grandes da súa clase. Está prevista ademais a actuación a partir das seis da tarde do grupo de baile Airiños de San Simón de Cesantes.
Un centro cultural que ten aberto o prazo de inscrición en nunha ampla variedade de cursos e actividades para nenos e adultos. Os máis pequenos poden elixir entre as clases de pintura, gaita, violín, multideporte (iniciación deportiva), cociña, baile moderno, inglés, arttatack (inmersión lingüistica), reforzo educativo, baile tradicional, loitas olímpicas e ciclismo.
Os adultos poden facer o propio con danza oriental, zumba, gaita, pintura, aerobic, violín, labores, ximnasia de mantemento, inglés oral, percusión, cestería, coiro e pandeireta.
Máis información e inscricións no C.C.Chan das Pipas polas tardes ou no e-mail chandaspipas@gmail.com.