Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Outonoteatro regresa a Redondela con seis compañías

RR_Noticias

A Concellaría de Cultura retoma este sábado o ciclo de teatro Outonoteatro que se vai desenvolver todos os sábados entre o 4 de outubro e o 8 de novembro no Multiusos da Xunqueira. Pasarán polo escenario cinco compañías galegas e os madrileños de “Las Grotesques” que chegan a Redondela cunha adaptación do clásico “Múcho ruido y pocas nueces”.

A programación arrancará este mesmo sábado coa obra Rosa de dous aromas da compañías Teatro proscrito. Unha obra na que as actrices Isabel Blanco e Sabela Hermida interpretan a dúas mulleres reunidas na sala de espera dunha cárcere. Baixo a dirección de Lino Braxe as dúas estrañas comezan a relacionarse cando descobren que ambas visitan ao mesmo home, unha é a esposa, a outra a amante. Un interesante punto de partida que nos servirá para achegármonos aos seus sentimentos. A obra do mesmo xeito que o resto das funcións programadas no ciclo poderase ver no Multiusos ás 20:00 horas. Durante o mes de outubro a programación continuará o sábado 11 con Redrum Teatro e a obra Amor flexible. O día 18 chegará a compañía Chévere coa Ultranoite no país dos ananos e pechará o mes a obra As do peixe, unha obra orixinal de Cándido Pazó que leva aos escenarios a compañía Abrapalabra Creacións Escénicas. Os clásicos tamén están presentes neste ciclo coa obra de William Shakespeare “Mucho ruido y pocas nueces” que toma vida da man de Las Grotesqués, compañía madrileña que actuará o 1 de novembro. O ciclo pecharase cun espectáculo de humor e música a cargo de Manquiña e Lomba. As persoas interesadas en acudir a estas funcións poden xa facerse co bono para todas as representacións ao prezo de 25euros (15 € para xubilados e estudantes). Asistir a cada unha das obras ten un prezo de 5 € en tarifa normal e 3 euros xubilados e estudantes. A billeteira abrirá dúas horas antes de cada función.  

Julio Alonso edil de cultura
A primeira das obras é Rosa de dous aromas
Un outubro de teatro
As representación seguirán todos os sábados ata o 8 de novembro
Clásicos e comedias
Pecharán o ciclo as compañías Las Grotesques e Manquiña e Lomba

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará