Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS faise cos tres puntos en xogo no primeiro derbi local disputado en Chapela

RR_Noticias

O Campito FS non foi quen de facerlle fronte aos de Mougán que lograron a vitoria nun partido que rematou co resultado de 2-4. O Redondela FS sitúase na sexta praza da clasificación e recibe o vindeiro sábado a un dos equipos fortes da categoría, o Autos Leiros. Os de Chapela desprázanse ao campo do Garciaaraujo.

Primeiro derbi da tempada entre os dous equipos que militan na autonómica sur, unha cita para os amantes do fútbol sala en Chapela cun pavillón que presentaba boa entrada malia disputarse o partido o domingo ás dez da mañá.
As numerosas baixas do Redondela e o seu intento por chegar frescos a segunda parte, fixo que Mougán optase por unha defensa máis atrás do que acostuma. Isto complicou o xogo do Campito, incapaz de romper este armazón defensivo. Nos primeiros vinte minutos, un gol do debutante Varo poñía a 0-1 e nunha boa xogada de estratexia, Nacho empataba seis minutos antes do descanso.
Na segunda metade, aos trinta segundos Borja desfacía o empate, e dous minutos despois Juan, o mellor do encontro, poría terra de por medio co 1-3. Sería este mesmo xogador o que convertería no trinta e dous, un 10 metros. para practicamente pechar o encontro. Piky conseguiría o definitivo 2-4.
Total deportividade na pista, e ovación da grada para ambos equipos polo bo partido disputado e sobre todo polo esforzo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará