Importantísima vitoria a lograda esta fin de semana polo Construcciones Castro Chapela, que tras vencer ao Oar Coruña por 33 goles a 30 sitúase terceiro na 1ª nacional Masculina. Na mesma categoría a SAR tamén se mantén nos postos altos, son quintos logo de gañar o partido co Luceros por 29-24.
Un partido disputado en Chapela ante o Oar Coruña, sumamente igualado ata os últimos cinco minutos do encontro. Despois de vairas paradas de Suso o cadro chapeleiro aproveitou o cansazo do seu rival levouse a vitoria tras rematar o partido co resultado de 33.30.
Vitoria tamén pasa a Sar Plastic Omnium na bomboneira. 29-24 ante o Luceros, equipo de tras as dúas primeiras xornadas non coñecía da derrota.
O Chapela é terceiro da categoría e desprázase na vindeira semana ao campo do Calvo Xiria, mentres que a Sar deberá defender a súa quinta praza no campo do segundo clasificado, o Cisne.