Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento non construirá beirarrúas no inicio da N-555

RR_Noticias

Así o denuncia o PSOE quen lamenta “que o Ministerio de Fomento esqueza os dous primeiros quilómetros da estrada onde son máis necesarias as beirarrúas”. Lembran que  os veciños de Rabadeira e Canabal levan anos solicitando a súa construción debido a perigosidade da estrada e o importante número de persoas que camiñan polos laterais do vial para acceder ó centro de Redondela.

No Proyecto de Presupuestos Generales de 2015 segundo explican os socialistas recóllense varias actuacións puntuais moi necesarias, pero “non se prevé ningunha actuación no inicio da estrada malia ser o tramo no que se concentra un maior número de vivendas e por onde transitan un maior número de veciños”. O voceiro socialista Eduardo Reguera engadiu que “os veciños queixáronse en numerosas ocasións polo perigo que supón camiñar por esta estrada, pero parece que o goberno de Javier Bas non logrou trasladar esta demanda ó Ministerio de Fomento”.
O PSdeG-PSOE de Redondela presentará unha emenda ó proxecto orzamentario para pedir que se inclúa a dotación do beirarrúas na N-550 dende o punto quilómetro 0 ao 2 porque “entendemos que esta é unha medida urxente nesta estrada, que xa pedimos no exercicio anterior e que non debe esperar. Sabemos que é unha actuación complicada polos muros e vivendas que hai no lugar, pero é viable, asumible, moi necesaria e imprescindible para a veciñanza da zona”.
Na actualidade os veciños vense na obriga de camiñar pola estrada e comparten un espazo reducido con camións e autobuses que tamén atravesan esta vía de comunicación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará