Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

E ti, que sentes? conversas entre mulleres en Saxamonde

RR_Noticias

A Asociación de mulleres Arela organiza un ciclo de conversas que arranca este venres 10 de outubro baixo a dirección da psicóloga Olga Borrajo. Unha actividade que se vai desenvolver durante cinco venres consecutivos en horario de 17:00 a 18:45 horas na escola de Saxamonde.

O obxectivo da actividade é o tratamento de aspectos emocionais das participantes, quen con axuda de Olga Borrajo aprenderán a reflexiona sobre si mesmas e a comprender mellor o mundo que as rodea. Trátase de falar, pensar, compartir e escoitar. Unha actividade aberta a todas as mulleres que desexen achegarse.
A Asociación Arela ten en marcha ademais unha ampla oferta de cursos como o de panadería e repostería, conter e confección, restauración de mobles, cestería e repuxado de metais, así como actividades orientadas ao desenvolvemento persoas e da vida saudable entre os que atopamos ioga, taichi, teatro, canto e pandeireta, risoterapia e percuterapia.
Unha oferta que procura promover e potenciar a participación e a presenza das mulleres na ida da parroquia aínda que os zuros están abertos tanto para mulleres como para homes. As persoas interesadas pódense informar no teléfono 986 40 0222 ou no 661 83 75 97.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará