Hoxe é Luns 30 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para a celebración de festas en Redondela

RR_Noticias

Poderán acceder a estas subvencións as comisións de festas de carácter tradicional, popular ou gastronómicas que se celebren no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro do presente ano. O concello investirá nestas axudas un máximo de 12.000 euros. Os interesados deberán presentar a súa solicitude no rexistro do concello antes do 10 de novembro do 2014.

Este tipo de subvencións é a primeira vez que se dan a través dunhas bases nas que todas as parroquias poden participar. Dende a Concellería de Cultura apuntan que con esta iniciativa “preténdese apoiar de maneira significativa as tradicións que se desenvolven entorno as festas patronais e gastronómicas e sobre todo buscase con estas bases que todas as Comisións de festas que así o queiran poidan ter dereito a concorrer as mesmas”
As subvención poderán financiar ata o 80% das actividades propostas e contemplan unha axuda de 200 euros para festas tradicionais dun día, 400 euros para as que se desenvolvan durante 2 días e 600 euros para aquelas que se prolonguen durante tres días ou máis. Só poderán optar a esta axuda aqueles festexos que se leven realizando nos últimos cinco anos.
As bases que regulan estas axudas poden consultarse no Boletín Oficial da provincia do xoves 9 de outubro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará