Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A ultranoite” de teatro Chévere chega a Redondela

RR_Noticias

A veterana compañía actúa por primeira vez no noso concello e faino con moito humor, moita música e cun ambicioso espectáculo que leva por título Ultranoite no país dos ananos. Actores de longa traxectoria interpretan esta comedia-musical que ofrece unha viaxe retranqueira ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir inspiradas no mundo de Celso Emilio Ferreiro. O sábado ás 20:00 horas dentro do ciclo do Outonoteatro.

Patricia de Lorenzo explica que a obra, orientada a calquera público independentemente da súa idade, presenta un argumento a base de sketches breves cargados de humor e de referencias sonoras, un cabaret actual e crítico que repasa como se dunha crónica social e política se tratara os acontecementos dos últimos anos en Galicia. Unha actriz Patricia de Lorenzo que estará acompañada no escenario por un importante elenco de actores Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Cesar Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrian. As entradas poden adquirirse no Multiusos da Xunqueira dende hoxe xoves e tamén dúas horas antes da función. O prezo é de 5 euros para o público en xeral, 3 euros a entrada reducidas para xubilados e estudantes.  

Patricia de Lorenzo actriz
Chévere presenta este sábado no Outonoteatro a súa Ultranoite
Comedia musical
Unha obra para todos os públicos cargada de humor

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará