Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os mariñeiros mobilízanse en defensa do xeito

RR_Noticias

Un cento de persoas acompañaron onte aos mariñeiros do xeito que na confraría de Cesantes celebraban unha concentración pacífica “en defensa dunha pesca sostible e artesanal”. O tempo non acompañou pero iso non impediu a presenza de representantes políticos, veciñais, dos sindicatos e representantes das confrarías de Cangas e Vigo. Os mariñeiros manifestábanse ao tempo que en Bruxelas se debatía sobre o futuro das artes á deriva.

O apoio foi unánime á arte do xeito na Comisión de Pesca do parlamento Europeo celebrado onte. Houbo un longo debate no que interviron todos os grupos para defender a retirada das proposta da comisión na que se prohibe radicalmente o uso de redes de deriva, incluídas as empregadas en pesquerías tradicionais como o xeito. En decembro haberá novas discusións e será en febreiro cando se adopte a decisión final. E mentres en Bruxelas se debatía sobre o futuro das artes á deriva, en Galicia os xeiteiros sacaron á rúa as súas reivindicacións, Tanto en Rianxo como en Redondela celebráronse concentracións en defensa da pesca tradicional “o principal medio de vida para moitos traballadores do mar que alternan esta actividade coa do marisqueos”. O patrón maior, Clemente Bastos, era o encargado de ler un manifesto no que ademais de reivindicar unha arte “respetuosa co medio ambiente e que asegura a sostenibilidade e o respecto polos recursos pesqueiros” criticaba o “descoñecemento, ignorancia e irresponsabilidade dos técnicos e gobernantes da UE ao meter no mesmo xazo artes de destrucción masiva e de gran impacto formadas por redes de gran tamaño de malla e de decenas de quilómetros de lonxitude con artes de pesca tradicionais”. Por todos estes motivos, os mariñeiros reclaman que “a pesca artesanal sexa tratada de forma xusta polos responsables de política pesqueira europea, diferenciándoa doutras modalidades de tipo industriais nocivas e prexudiciais dende o puntos de vista medioambiental e de conservación”. Lembraban os mariñeiros alí congregados que a pesca de xeito é unha das máis selectivas na que case a totalidade das capturas son de sardiñas, case non provoca descartes, os barcos contan con un ou dous tripulantes e pescan uns 50 kilos ao día, o que significa que non esquilman as rías, que é onde se traballa con este tipo de arte. Os mariñeiros contaron ademais co apoio da asociación de veciños de Cesantes. O seu presidente Fernando González insistía na necesidade de estar cos mariñeiros “40 familias que viven directamente do xeito ás que hai que engadir os traballos indirectos que produce”.  

Mariñeiros
Defenden unha arte tradicional e que non esquilma os recursos
Clemente Bastos patrón maior
Foi o encargado de ler o manifesto
Defensa da pesca artesanal
Uha pesca que non pode regularse do mesmo xeito que a industrial
Apoio doutras confrarías
Estiveron presentes representantes de Vigo e Cangas
Fernando Gonzalez AVV Cesantes
Salientou a importancia da actividade na parroquia e en todo o concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará