O presidente da Plataforma en defensa da enseada de San Simón, Antonio Lores cualifica de “despropósito” que a empresa Auxiliar Conservera SA (AUCOSA) pretenda incrementar a súa produción no lugar cando tanto o Tribunal Supremo como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a súa licencia ambiental. Anuncian que si no prazo de 15 días a Xunta non actúa e aplica a sentenza “solicitaremos a súa execución pola vía xudicial”.
A sentencia que anula a licencia ambiental para que esta empresa continúe traballando no litoral de Rande é firme e inapelable, polo que as súas instalacións deberían pechar ou trasladarse a outro lugar. Con todo, os seus propietarios veñen de solicitar un aumento do caudal da auga procedente de Cabanas con destino a usos industriais o que fai sospeitar que, lonxe de abandonar a súa actividade teñen previsto incrementala. “Un despropósito” en palabras de Antonio Lores, presidente da Plataforma en defensa da Enseada de San Simón, quen entende que a Xunta debería actuar de xeito inmediato e proceder a aplicar a setenza. Recentemente membros da Plataforma e do goberno local encabezados polo alcalde, Jaiver Bas, reuníronse con representantes da Consellería de Medio Ambiente para esixir que actúen “xa que as sentenzas están para cumprilas”. O BNG xa presentou unha alegación contra as pretensións de Aucosa de incrementar o seu caudal de auga e critican tamén que dende a Consellería se consinta “a presenza dunha empresa que emite diariamente uns olores altamente desagradables e que contamina a rúa cando xa está anulada de xeito inapelable a Autorización Ambiental Integrada”.