Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para participar na ruta xeocultural “xincana riondela”

RR_Noticias

O ciclo de rutas xeoculturais organizado pola Concellaría de Cultura continúa esta semana cunha saída para público familiar. Nesta ocasión trátase dunha xincana riondela orientada a maiores de 8 anos que se desenvolverá o día 26 en horario de 11:00 a 13:00 horas. Unha actividade de balde que precisa de inscrición previa no teléfono 986 40 00 13.

O punto de partida desta nova saída xeocultural será a Casa do Concello as once da mañá. A través de xogos especificamente deseñados, os participantes aprenderán a interpretar o relevo, a identificar elementos naturais e artificiais, a pescudar rochas e minerais agochados, e a comprender os efectos dos leitos fluviais na vida cotiá. As saídas continuarán xa o domingo 23 de novembro cunha ruta periurbana baixo o nome Paseo intermareal que se desenvolverá na praia da punta de Cesantes e os días 9 de novembro e 14 de decembro a ruta urbana Redondela en rochas. O obxectivo principal desta actividade é gozar do patrimonio natural redondelán e divulgar o coñecemento da xeoloxía dende unha perspectiva lúdica e educativa. A empresa de servizos xeoculturais encargada de desenvolver e guiar estas rutas é Olho de Sapo. A actividade é de balde pero cómpre facer inscrición previa no teléfono 986 400 013. Só se admitirán 2 reservas por persoa até completar cada un dos grupos.  

Xavier Barros Olho de Sapo
Fálanos da actividade do domingo 26

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará