Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fran Teixeira: “O Castro Chapela ten aínda moita capacidade de mellora”

RR_Noticias

O equipo ocupa a terceira praza da táboa no seu regreso á Primeira Nacional. O seu obxectivo é pelexar por entrar na promoción de ascenso, pero para iso terá duros rivais como o Lalín, At. Novás, Xirira, Cisne ou Seis do Nadal. Trátase dunha liga “moi igualada e competitiva, segundo Teixeira, quen confía na capacidade de traballo do equipo para mellorar o seu rendemento.

O descenso desde a División de Honra Prata supuxo un importante cambio no vestiario, con ata sete cambios de xogadores. Pero o adestrador está convencido de que a adaptación das novas fichaxes e dos xogadores da base do Balonmán Chapela suporá unha clara mellora no equipo, “xa que agora está só ao 50%”. Para iso é fundamental o traballo nos adestamentos, e tamén que as lesións lle dean “un respiro”. O seu obxectivo e manterse na pelexa por xogar a fase de ascenso, aínda que son conscientes de que será “un reto difícil”. Segundo Teixeira esta Primeira Nacional ten un “un nivel moi alto” e hai moitos equipos, entre eles o Castro Chapela, que poderían estar competindo na División de Honra B. É o caso do Seis do Nadal, Cisne, Luceros, At. Novás ou Calvo Xiria. Logo de vencer o pasado sábado en Chapela ao Vitaldent Pontevedra, o seu próximo rival é o Ártabro. O equipo coruñés sitúase na parte baixa da clasificación, pero en Chapela non se fían e amosan “moito respecto” polos anfitrións. O partido será o sábado ás 19.00 horas no pavillón Municipal Novo Mesoiro.  

Fran Teixeira adestrador
Os novos xogadores deben aínda acoplarse ao equipo para mellorar o rendemento do Castro Chapela.
Unha liga moi igualada
Ata media ducia de equipos pelexarán por estar na parte alta da táboa.
Ártabro Novo Mesoiro-Castro Chapela
Teixeira fala con respecto do rival coruñés.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará