Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Talleres de memoria cognitiva e taichí para maiores

RR_Noticias

A Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, abre o prazo para inscribirse nas actividades de Promoción da Autonomía Persoal das persoas maiores que se van desenvolver en diferentes parroquias do municipio. Así, as clases de taichí impartiranse en Redondela, Chapela, Cabeiro, Saxamonde, Reboreda e o Viso, mentres que o obradoiro de memoria e estimulación cognitiva terá lugar nos Multiusos de Redondela e Chapela. O prazo de inscrición remata o martes 28.

Os obxectivos destas actividades son exercitar e potenciar a memoria e a concentración co fin de manterse en activo e previr posibles perdas cognitivas, traballar pola saúde ademais de mellorar aspectos importantes como o equilibrio, a coordinación, a elasticidade e no caso do taller de Memoria, previr o deterioro neuronal cuns exercicios axeitados. Estas actividades, ás que hai que inscribirse previamente, desenvolveranse dende o 3 de novembro de 2014 ata o 30 de xuño de 2014.
Para poder participar é preciso presentar a ficha de solicitude de participación no Rexistro Xeral do Concello de Redondela acompañada da fotocopia do DNI/NIE. A ficha de inscrición pode recollerse nas oficinas do Servizos Sociais en Redondela e Chapela.
Para máis información podédesvos dirixir aos Servizos Sociais, na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 26 08.
Tamén estamos nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade de Chapela, na avenida de Redondela (baixos do pavillón de deportes), ou chamando ao 986 45 89 93.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará