Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Indignación cidadá polos múltiples casos de corrupción

RR_Noticias

As informacións sobre novos casos de presuntos delitos de corrupción son constantes. Da Gürtel e os papeis de Bárcenas, aos EREs de Andalucía, e agora as tarxetas opacas de Caja Madrid. Un regueiro de casos que fan que a sociedade teña a impresión de que a corrupción é “xeneralizada” nas altas esferas políticas e económicas. Por iso moitos non comprenden como esta situación non ten desembocado aínda nunha “revolta social”.

Con máis de cinco millóns de parados e unha crise económica e social que se prolonga seis anos, a sociedade parece ter chegado ao límite da indignación ante os novos casos de presuntos delitos de corrupción. Cada día a lista é máis longa (Gürtel, Bárcenas, EREs de Andalucía, Palma Arena, Nóos, Fabra, Pokémon, tarxetas opacas de Caja Madrid…). A cidadanía non se explica como a crise económica obriga a recortes na sanidade e na educación públicas, rebaixas salariais e despidos, mentres a cúpula política e económica do país “amasa fortunas que envía a paraísos fiscais”. Nuria denuncia o que considera “unha inxustiza social”. Pon o acento no caso de Caja Madrid, xa que os propios directivos que levaron a entidade á ruína, empregaron as tarxetas “black” para pagarse “os seus vicios”. Da mesma opinión é Rafael, quen lembra que o buraco da caixa madrileña, de máis de 22.000 millóns de euros, ten que pagalo “toda a sociedade” a través do rescate bancario. Denuncia que “mentres estafaban aos aforradores coas preferentes” eles gozaban duns cartóns “polos que ninguén lle pedía contas”. Agora os procesos xudiciais están en marcha, pero as investigacións alónganse no tempo e ás veces pasan anos ata que hai unha resolución. Rosa ten claro que a xustiza “non é igual para todos”, e Carlos lamenta que non se resolvan dun xeito “máis áxil e eficaz” estes “macroprocesos”. Tamén comparten a necesidade dunha reforma xudicial que faga posible poñer coto a estas prácticas, xa que a cidadanía ten a impresión de que actúan “con total impunidade”.  

Nuria indignada
Os continuos casos de corrupción nesta época de crise e recortes supoñen para esta veciña unha gran inxustiza social.
Tarxetas opacas
Para Rafael o uso destas tarxetas é un roubo por parte dos dirixentes que as utilizaron.
Lei inxusta
Rosa afirma que a lei non é igual para todos e que tamén existen corruptelas entre os maxistrados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará