Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos solicita a construción dunha rotonda no Alto dos Valos

RR_Noticias

A solicitude, unha vella demanda dos veciños da zona e tamén do propio concello de Redondela, pretende remediar os problemas viarios neste punto e “anticipar medidas de seguridade ante o previsible aumento do tráfico que suporán a construción do novo tramo da A-59 e as próximas áreas de chan industrial na zona”.

A Corporación Municipal de Pazos de Borbén aprobou por unanimidade solicitar ao Ministerio de Fomento a construción dunha nova rotonda no alto de Vos Valos, na confluencia dos concellos de Redondela, Mos e Pazos de Borbén. A proposta, presentada polo PP da localidade, ten como obxectivo aumentar a fluidez do tráfico e a seguridade viaria nesta zona de alta sinistralidade debida á gran concentración de vehículos particulares e profesionais.
Segundo datos do 2012, un total de 8.995 vehículos circulan diariamente por este punto converténdoo nun dos puntos negros da rede viaria provincial. Unha situación que orixina un gran risco tanto aos condutores como aos peóns da zona.
A moción non só expón ante o Ministerio de Fomento, o titular da N-550, a necesidade actual desta infraestrutura senón que adianta as futuras necesidades dos residentes da zona ante a construción da Autovía A-59, entre Vilaboa e a A-57 coa ligazón cara ao aeroporto de Peinador, así como pola creación de novas zonas de tipo industrial na contorna segundo establécese no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará