Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadores do xeito asistirán hoxe á sesión plenaria no Multiusos

RR_Noticias

Traballadores do xeito de Redondela achegaranse hoxe ao pleno que se celebra ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira para asistir como público a unha sesión na que se tratará a súa problemática. Está previsto que a corporación municipal aprobe unha moción conxunta na que se demanda que se exclúa esta arte da prohibición da Unión Europea que impedirá as embarcación do xeito a pesca da sardiña xunto co resto de artes de enmalle de deriva. A prohibición afectará a 40 embarcacións do noso concello.

O goberno local decidiu convocar esta sesión plenaria no Multiusos da Xunqueira ante a posible presenza de público ao debaterse unha moción de apoio aos mariñeiros do xeito, traballadores que nas últimas semanas están a desenvolver unha campaña de mobi9lizacións e protestas ante a inminente prohibición da Unión Europea de prohibir as artes de deriva, entre as que se incluiría tamén a arte do xeito malia tratarse segundo explican “dunha arte respetuosa e tradicional que non esquilma os mares” motivo polo que demandan que se exclúa esta arte da prohibición.
Unha sesión na que se abordará tamén a reprobación da edil de parques e xardíns solicitada por AER a quen critican a súa xestión na obra de rehabilitación da fervenza de Reboreda. Máis concretamente a Agrupación de electores acusan a esta concelleira de “facer tratos ocultos” e de non informar correctamente aos veciños da zona  “creando deste xeito un conflito entre eles”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará