Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello adquire por 5.000 euros o colector instalado na praia da Punta

RR_Noticias

A concelleira de emprego, Ana Alonso, explicou que a infrestrutura empregarase no futuro para desenvolver actividades relacionadas co mar. O goberno local comprométese, a instancias dos grupos da oposición, a consensuar cos veciños unha nova ubicacación para este colector malia asegurar a edil que “xa está instalado nun lugar no que non afecta ao ecosistema e onde menos impacto visual ten”, Unhas afirmacións que non coinciden coa visión dos grupos da oposición que rexeitan que este colector continúe no espacio dunar.

Un ano despois da súa colocación na praia da Punta en Cesantes, a presenza dun colector de grandes dimensións segue a ser motivo de disputa. O tema chegaba onte ao pleno a través dunha moción de AER quen solicitaban a súa retirada do lugar. Unha petición que era secundada tamén pro PSOE e BNG. Con todo, logo de que a edil Ana Alonso informase de que a instalacións é agora de titularidade municipal acordouse debater a súa posible reubicación noutro lugar no Consello parroquia de Cesantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará