Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE de Redondela convoca primarias

RR_Noticias

Arranca hoxe luns o proceso de primarias ao que poden concorrer todos os militantes que desexen converterse en candidatos á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais do 2015. Os requisitos que deben cumprir os precandidatos para converterse en candidatos é comunicar ás instancias do partido que se presentan a este proceso e reunir o 20% de
avais antes do 17 de novembro.

O secretario local do PSOE de Redondela, Leonardo Cabaleiro, anima aos militantes do partido “que se sintan con forza, gañas e capacidade para liderar a nosa agrupación” a que acuda a este proceso que arranca hoxe mesmo e que rematará coa votacións internas. Unhas votacións que se realizarán o domingo 30 de novembro no caso de que antes do día 17 se presente máis dunha candidatura.
“A actual dirección da agrupación socialista de Redondela está a disposición de tódolos militantes para solicitar calquera dúbida que poida aparecer e poden contactar con nós por teléfono, correo electrónico ou polas redes sociais” indicou Leonardo Cabaleiro, quen se mostrou convencido de que “este proceso servirá para reforzar á agrupación local de Redondela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará