Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outubro negro con 123 parados máis na bisbarra

RR_Noticias

O desemprego subiu en toda a comarca e non hai excepción: Redondela, Soutomaior, Pazos e Fornelos viron como as súas listas do paro incrementábanse nun mes de outubro que deixa en toda a bisbarra 123 parados máis, ata chegar a un total de 4052 parados. Con todo, e malia aumentar o número de inscritos nas listas do INEM respecto do mes anterior, a situación é mellor que hai un ano.

A cifras do paro feitas públicas onte constatan un aumento no número de desempregados no mes de outubro. Unha situación que afecta a toda área metropolitana agás a cidade de Vigo onde segundo os datos da Consellería si se produciu unha lixeira baixada do paro en 132 persoas. Malia todo incluso esta diminución non reflictiría ao entender dos sindicatos a situación real xa que “se debe a que os parados que esgotan a prestación deixan de acudir a selar a cartilla do paro o que supón que se lles dea de baixa”.
En Redondela a variación é á alza con 75 parados máis que hai un mes sendo actualmente un total de 2602 as persoas inscritas nos servizos de procura de emprego. En Soutomaior o incremento foi menor, en total 13 novos parados que fan un cómputo de 820 persoas desempregadas. En Pazos son 426 as persoas nesta situación, 18 máis que no mes anterior mentres que o incremento en Fornelos respecto ao mes de setembro foi de 17 persoas sendo actualmente 204 os inscritos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará