Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación ante “os intereses ocultos” que promoven a desaparición da pesca tradicional

RR_Noticias

Os mariñeiros buscan apoios e os políticos achéganse ao sector. Semanas atrás era o BNG quen se reunía con este colectivo e na xornada de onte o Círculo Cultural de Cesantes acollía tamén unha xuntanza na que o deputado de AGE, Juan Fajardo se reunía coa asociación de veciños, membros de EU e AER e representantes da Confraría. Sobre a mesa a preocupación polo futuro de artes como o xeito ou o cerco.

O presidente da Asociación de Veciño de Cesantes, Fernando González, entende que é tamén labor do colectivo veciñal preocuparse por este sector e promover ou asistir a este tipo de xuntanzas que teñen unha labor dobre. Por unha banda serven para que os traballadores do mar fagan escoitar as súas demandas no ámbito político, xa sexa galego, español ou europeo, e por outra, son unha oportunidade para que os políticos lles transmitan aos afectados cales son os temas que se están a debater nos diferentes parlamentos. Produto desa falta de información mutua está sobre a mesa o veto de Europa á pesca do xeito, unha medida que de aplicarse afectaría a 40 embarcacións de Redondela. Tamén o temor a que detrás desa prohibición se atopen intereses ocultos “encamiñados a encher as nosas rías de piscifactorías xestionadas pro grandes empresas que acabarían coas artes e a pesca tradicional”. Reunións como a de onte serven tamén para que os mariñeiros se unan de cara a defender os seus intereses.  

Fernando González AVV Cesantes
Unhas xuntanzas que serven para o Intercambio de información e para sumar esforzos
Intereses ocultos
Temor a que se persega o fin da pesca tradicional para favorecer a instalación de psicifactorias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará