O espectáculo “Música Ligera” programado dentro do Outonoteatro 2014, que se ía celebrar o sábado 8 de novembro no Multiusos da Xunqueira queda suspendido até novo aviso por enfermidade dun dos actores protagonistas. En canto sexa posible a Concellaría de Cultura anunciará a nova data e o xeito de proceder para as persoas que xa tiñan adquirida a súa entrada.
Dende o departamento de Cultura piden desculpas a todas as persoas que tiñan previsto asistir a esta función encargada de clausurar o ciclo Outonoteatro que se ven celebrando nas últimas semanas. Confían ademais en poder reprogramar a función en cando o actor enfermo se recupere.