Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O veciños aplauden as obras de mellora na depuradora para eliminar os malos cheiros

RR_Noticias

As obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Redondela comezarán a principios do próximo ano, tras adxudicar esta actuación por un imporche de máis de 171.000 euros. O obxectivo é reducir os malos olores e mellorar a estética. Os veciños celebran a noticia, e agardan que por fin se resolva o problema.

Son moitos os veciños que se ven obrigados a transitar por esta zona da Marisma onde está instalada a depuradora, próxima aos colexios e institutos, e ao centro de saúde. Tamén é unha zona de paseo empregada habitualmente por moitas persoas, como Andrés e Luis, que lembran que este problema se remonta a moitos aos atrás, aínda que “hai días que cheira máis, e outros menos”. Para as familia que cada día levan aos seus fillos aos centros de ensino da zona tamén as obras de mellora son unha moi boa nova. Ana e Liliana, cuxos fillos estudan na zona, explican que o cheiro ás veces é “insoportable”, e que a moitos nenos mesmo “lle produce náuseas”. O que esperan agora é que este investimento sirva, por fin, para rematar con eses cheiros pestilentes, e dan por ben investidos os 170.000 nestes traballos se realmente son efectivos. Os traballos comezarán en xaneiro, serán financiados pola Xunta de Galicia e teñen un prazo de execución de seis meses. As tarefas consistirán na instalación dun sistema de desodorización, para reducir os malos cheiros . Tamén se fará un peche vexetal en todo o perímetro da EDAR, para mellorar a súa estética.    

Andrés e Luis
Lamentan os malos cheiros que padecen os veciños desde hai anos.
Ana e Liliana
Aplauden a inversión xa que os malos cheiros son insoportabbles para os veciños e para os alumnos dos centros de ensino da zona.
Boa inversión
Andrés da por ben invertidos os 171.000 euros da obra sempre que sexa efectiva para atallar os malos cheiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará