Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maskarpone, Eskizofrenia e MadMartin Trío no escenario do Ventorock

RR_Noticias

O festival organizado pola asociación xuvenil Ventorock na parroquia de Ventosela celebra este sábado a súa VII edición con concertos a partir das dez da noite e actividades para todos os públicos dende as 16:00 horas. Unha carpa evitará as inclemencias meteorolóxicas nunha xornada na que non faltarán as castañas, os obradoiros para os nenos e a música.

A programación arrancará as 16:00 co II Bici-Roteiro Ventorock, un paseo familiar, duns 5 kms en bici polas estradas de Ventosela, para nenos e maiores e con sorteo de material deportivo entre os participantes ao rematala proba e que se organiza en colaboración coa asociación Senghasoil. A partir das 17:00 horas arrancarán os obradoiros para os máis pequenos de pintura, malabares e maquillaxe a cargo de Xoeira. Os asistentes poderán tamén degustar as castañas de balde nun magosto popular que estará amenizado pola música das Suripantas, un grupo feminino de música tradicional. Antes dos concertos reporase forzas cunha cea popular na que se servirá xamón asado e chourizos a prezos populares. Por último, a partir das 22:30 dará comezo o tempo dos concertos. Subiranse ao escenario Eskizofrenia un grupo punk/rock de Monforte gañadores do III Concurso de Bandas Locais Ventorock. Escoitarase o rockabilly de MadMartin Trío un grupo procedente de Santiago e continuación a quenda será para os integrantes de Maskarpone, grupo reggae/ska que veñen dende Ourense. Pechará a xornada o redondelán Dj Öne. Como en anteriores edicións, contaremos cunha carpa totalmente pechada con escenario interior e a entrada será de balde, así como a participación en tódalas actividades que fagamos.  

Pablo Ubeira Ventorock
Fálanos das actividades diurnas
Tres formacións galegas
Grupos con diferentes estilos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará