Con 25 puntos cada un, Autos Leirós e Redondela comparten o liderado na Liga galega de fútbol sala, unha situación á que os de Julio Mougán chegan logo de lograr unha nova vitoria ante o García Araujo por 5-1. Vitoria tamén para o Campito por 2-8 ante o Leis Marcón. A nota negra pona o Arealonga que perdía 6-3 co Bóveda Magna.
O encontro vivido esta fin de semana no pavillón de Redondela resultoulle aos locais más fácil do que se esperaba. Sería sobre todo na segunda parte do encontro cando os redondeláns, máis metidos no encontro, dominaron o partido logrando un contundente 5-1 que os deixa con 25 puntos e coliderando a categoría.
O vindeiro 6 de decembro os redondeláns deberían afianzarse nesa posición xa que malia xogar fora da casa fano cun rival moito máis feble, o Moaña, afundido nos últimos postos da táboa.
Boa fin de semana esta tamén para o Campito quen na súa visita ao campo do Leis Marcón non daba opción aos locais. Un partido que remataba cun 2-8 no marcador. Os de Chapela son décimos e na vindeira fin de semana teñen unha cita complicada á par que itneresante, reciben precisamente ao colider, o Autos Leirós.
E na liga galega norte a sorte non estivo ao carón do Arelaonga. Perdían por 6-3 ante o Bóveda Magna. Situados no décimo posto reciben ao Hotel Roma.