A situación ambiental dunha ría moi castigada polos vertidos e a acción do home así como o patrimonio cultural existente na súa contorna serán analizadas nun acto aberto organizado pola Asociación veciñal San Bernardo de Cedeira e que terá lugar no salón de actos do centro cultural da parroquia o xoves ás 19:00 horas.
Unha actividade aberta a todos os veciños que queiran achegarse e que contará cos relatorios do biólogo Manuel García, quen será o encargado de analizar a situación ambiental da enseada. A continuación participará o arqueólogo Xurxo Constenla quen falará do patrimonio cultural existente neste espazo.