Os monicreques de kukas presentan o domingo 28 ás seis da tarde no Centro Recreativo Cultural de Redondela a obra Xan Perillán e a maleta máxica, unha obra de pequenos formato interpretado por Marcelino de Santiago que mestura o pallaso, a pantomima, a maxia e os títeres nun espectáculo dirixido a público familiar e infantil a partir dos 3 nos de idade.
“Xan Perillán e a maleta máxica” é un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreques. Interpretado por Marcelino de Santiago está dirixido por Isabel Rei. Logo do espectáculo os pequenos poderán gozar dun obradoiro máxico no que aprenderán a facer pequenos trucos con material sinxelo.