O grupo Casa Paco organiza unha xornada de fútbol solidario este domingo ás 17:00 horas no pavillón do Instituto Mendiño. Disputaranse actividades deportivas coas categorías minis e disputarase un torneo de precisión de golpeo do balón.
Unha tarde solidaria na que os pequenos deberán achegar un alimento non perecedeiro que se doará a Cáritas. Ademais farase entrega de tapóns a Jessica, unha moza de Redondela afectada por unha enfermidade rara. Dende Casa Paco, Manolo Conde anima tamén aos veciños a achegarse á exposición de postais antigas no museo do club. As actividades de Nadal concluirán o día 30 cunha festa infantil na discoteca Diva